Na colaboración de Alfonso Espiño falamos de novidades musicais que xiran arredor da guitarra. David Regueiro presenta o seu proxecto ‘O Camiño’. Un traballo que xorde tras a chegada de Carlos Sabrafén a Galicia.
Todo comeza cando Regueiro decide levarlle a súa vella Gibson 175 a Sabrafén para que lle faga unha serie de axustes. Así nace o proxecto ‘O Camiño’
Sabafrén constrúe unha guitarra de jazz con madeiras galegas e inspirada en Galicia, un instrumento que levará por nome ‘Maruxa’. A guitarrá percorrerá diferentes puntos da xeografía galega, seguindo o Camiño de Santiago.