Darío Xohán Cabana e ‘A música das palabras’

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura dun interesante volume de ensaio: A música das palabras. De lingua e literatura (1990-2021), de Darío Xohán Cabana.

A música das palabras (Xerais) reúne máis de medio cento de ensaios breves que Darío Xohán Cabana foi dando a coñecer aquí e acolá ao longo dos últimos vinte anos. O libro, que deixou preparado pouco antes de se finar o pasado novembro, ve luz postumamente acompañado dun prólogo da súa filla, a filóloga Alexandra Cabana Outeiro.

Estes traballos percorren con fino espírito crítico gran cantidade de temas, entre os que salientan o mundo da tradución e da poesía, aínda que tamén poden atoparse textos sobre a novela histórica, os imaxinarios literarios ou a lexicografía e a dicionarística, entre outros.

 

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share