A selección musical de Tito Lesende ábrese esta semana co último tema de Bala, ‘Prisas’, unha auténtica canción protesta que dispara contra a precariedade, as dificultades para acceder á vivenda ou o ritmo frenético da nosa vida. Outra cara da vida pona o ‘Meu amore’, de Sen Senra, unha declaración de amor a distancia.
Completan a escolma ‘Un futuro sen ti’, o samba que comparten Lontreira e Berto e mais Nikki Hill, unha das participantes desta edición do Outono Codax.