No aniversario do decreto do estado de alarma pola COVID, ButacaZero estrea 32m2. Coméntanolo Roberto Pascual:
“Espectáculo oportuno ou oportunista? Unha concesión popular ou unha ollada mordaz sobre o que o confinamento puxo de relevo sobre as desigualdades? Esther Carrodeguas crea un texto ao que lle senta moi ben o traballo musical de Rodrigo Cuevas ou o deseño de Beatriz de Vega”.