Esta semana marchamos ata A Coruña para comentar o concerto que ofrece a OSG o xoves 11 e venres 12 no Pazo da Ópera, e que nos servirá para coñecer máis a fondo a unha figura importante da época romántica, unha virtuosa pianista e tamén compositora: Clara Wieck (máis coñecida polo seu apelido de casada, Clara Schumann).
Escoitaremos o Concerto para Piano en la menor de Clara Schumann interpretado por Marianna Prjevalskaya, ademais de Rakastava de Jean Sibelius, e a Sinfonía nº 5 de Ralph Vaughan Williams. Todo isto dirixido polo británico Rumon Gamba. Con Luis Miguel Crespo.