Rosario Sarmiento fálanos hoxe da obra “O Galo” ou “A Pasionaria”, de Camilo Otero, situada na entrada da Facultade de Económicas de Santiago de Compostela.
Unha escultura emblemática que foi realizada por Camilo Otero (Santiago de Compostela1932-2003) en 1978. É unha peza en bronce, agasallo do escultor á súa cidade natal. Evoca un animal imposible, de gran potencia formal que alude a unha serie de elementos e signos matemáticos en clara sintonía co estilo neofigurativo deste interesante escultor.