Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de Imaxes roubadas, libro de relatos da autoría de Nones Araújo.
Imaxes roubadas (Xerais) reúne unha trintena de minicontos que teñen como característica común o nacer a partir da contemplación dun cadro famoso, de xeito que o relato, a modo de écfrase, é a explicación imaxinaria da escena que se observa.
Aínda que as historias ofrecen temáticas, ambientacións e solucións narrativas moi dispares, coinciden na súa brevidade, no emprego da narración omnisciente e nos seus remates sempre sorprendentes.