‘As nosas normas’

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura da novela As nosas normas de Carl Jonas Love Almqvist, un clásico da literatura sueca do XIX.

As nosas normas (Hugin e Munin) é unha narración curta que foi traducida ao galego por Marta Dahlgren, quen nos achega esta historia pioneira na loita pola igualdade xenérica.

Publicada orixinariamente en 1839, o relato do encontro entre o sarxento Albert e a comerciante Sara Videbeck e o seu namoramento durante unha viaxe en barco cruzando o lago Mälaren sorprende pola temperá reivindicación de valores como a distinción entre sexo e matrimonio, a libre unión ou a separación de bens.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share