Armando Requeixo tráenos ‘Non fales o que non debes’ de Luís Manuel García Mañá

 

Non fales o que non debes (Xerais) achéganos a historia dun maxistrado dunha cidade galega que se suicida xusto no momento no que no seu Xulgado de Instrución se está a investigar a complexa Operación Táchira. A morte do xuíz, unida ao suicidio nos calabozos da comisaría da cidade dun concelleiro preventivamente detido pola súa suposta implicación nos delitos investigados na operación, disparará as sospeitas de que estas mortes non son casuais, fío do que tira o tenaz xornalista Aquem, alias Vagalume, para tratar de desvelar as razóns que se agochan tras as súas desaparicións.

Que pasou realmente? Que esconden estes suicidios e cales foron as relacións dos finados coas persoas que os rodeaban? Pode sobrevivir a Ética en río tan avolto?

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share