Armando Requeixo comenta ‘Fisterra. Relato curto en Galicia’

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de Fisterra. Relato curto en Galicia, unha ampla antoloxía do conto galego da que se responsabilizaron Xosé Manuel del Caño, Manuel Pato Vidal e Manuel Álvarez, compoñentes os tres da entidade cultural Amigos do Libro Galego. Arte e Letras, que é quen promove o libro.

Fisterra (Edicións Linteo) reúne corenta relatos de autoras e autores de diversas xeracións e estéticas, amosando un mostrario ben diverso das posibilidades da escrita contística na Galicia dos nosos días.

A variedade de temas e estéticas tratadas, a participación de voces senlleiras da nosa escrita que había tempo que non publicaban e o feito de seren todas historias rigorosamente inéditas fan deste volume unha achega de indubidable valor.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share