‘Ante a inminencia’, exposición de Rubén Santiago na Normal da Coruña

Mónica Maneiro fálanos da mostra ‘Ante a inminencia’ do artista sarrián Rubén Santiago, que pode visitarse na sala Normal da Coruña ata o 19 de xaneiro. A exposición, comisariada por Susana González, parte dunha historia familiar, un tío avó encarcerado durante a guerra civil no castelo de santo Antón, para abordar cuestións como o abastecemento de auga ou o valor da arte como mercadoría. O público da mostra pode votar para decidir o destino das moedas recollidas polo artista do alxibe do castelo. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share