Nestes tempos nefastos para a música en directo asistimos diariamente a cancelacións de festivais por todo o país. Se hai uns días anunciaban a baixa do Felipop de Limodre, onte coñecemos a nova da cancelación do Resurrection Fest XS por parte do Concello de Viveiro.
Un festival que si se está a celebrar, aínda que nun formato moi diferente ao dos últimos anos, é o Feito a Man de Santiago de Compostela. Este festival de rúa sempre foi un magnífico escaparate de novos talentos tanto locais coma galegos e internacionais. Hoxe o noso colaborador Alfonso Espiño detállanos a oferta musical do programa do Feito a Man.