‘Alén’, o mundo da emigración

Esta semana Armando Requeixo convida á lectura de Alén, o novo libro da narradora viguesa María Alonso Alonso.

Alén (Bolanda) reúne tres relatos longos que xiran arredor do mundo da emigración en tres tempos: o pasado (a emigración a América nos tempos da Posguerra), o presente (a emigración ás Illas británicas nos nosos días) e o futuro (as migracións a lugares refuxio nun futuro planeta terra devastado).

Estas tres historias, malia a súa aparente diversidade, converxen na reflexión que propoñen sobre cuestións esenciais do ser humano, como a loita pola supervivencia, o sentimento de medo e orfandade, a angustia que se abre coa morriña, a dolorosa consciencia de sentirse estranxeiro en terra allea ou o decisivo de non perder as raíces e a conexión cos eidos natais. 

Pin It on Pinterest

30 Shares
Share30
Tweet
Share