A pegada de Paco Pestana

Creador multidisciplinar, ainda que foi na poesía e na escultura onde atopou as súas canles fundamentais de expresión. De formación autodidacta, comenza no mundo da escultura con 28 anos. Apegado ás súas orixes campesiñas, que sempre reivindicou con fruición, tivo un interese case febril por todo o concernente ós produtos artísticos. Foi un home de cultura viaxeira e variado currículo profesional, alimentado por diferentes etapas vitais, tanto en Madrid, como de militar en África, mineiro, pioneiro nunha coperativa agraria en Galicia, nunha comuna e incluso, unha etapa posthippie en Amsterdam. Falecido repentinamente o pasado luns 11 de outubro, Paco Pestana é o obxecto da colaboración de arte de Rosario Sarmiento desta semana no Diario Cultural.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share