Nunha antiga cidade eslovena, Ptuj, a poeta Chus Pato está convidada a ler unha Carta aberta a Europa en galego. Trátase dunha misiva que recibirán os membros do Parlamento Europeo, do Consello de Europa e da Comisión Europea.
O seu texto arranca da experiencia persoal, dunha viaxe significativa que fixo a través de Ucraína acompañando a Erín Moure, para chegar á guerra actual, e revisar a identidade europea. Coméntanola Alba Cid.