A antropóloga francesa Michèle Petit volve conquistar os seus lectores co seu libro ‘Ler o mundo’. A lectura ten a capacidade de desenrolar a imaxinación, pero tamén a empatía e a solidariedade. As palabras e os versos convértense nun refuxio ao que sempre podemos volver. É curioso a lembranza que os libros deixan nas persoas, a forma na que cambian a nosa vida.
‘Ler o mundo’ é un libro que non pode faltar nos fogares de bibliotecarios e mestres, xa que actúan como mediadores entre os máis pequenos e a lectura. “Ler é unha viaxe cara ti mesma, unha autodescuberta e un refuxio”, conta Montse Pena Presas no Diario Cultural de hoxe.