Aldea Buxán é o libro de Francisco Álvarez Koki que nos invita a coñecer esta semana Armando Requeixo.
Publicado por Edicións Embora, Aldea Buxán é un conxunto de prosas que se adscriben á fórmula da narrativa memorialística ficcionada, participando por igual do conto, da estampa e da crónica.
Escritas cunha linguaxe inxel e próxima, depurada de artificios innecesarios, estas páxinas transmiten autenticidade, recendendo a vida vivida para ofrecer un retrato privilexiado da Galicia dos sesenta e setenta ben vizoso e cheo de matices.