Eva Mejuto trae hoxe ao seu ‘Faro dos libros’ dúas lecturas que parten de realidades duras. ‘Terra de ninguén’ é un álbum ilustrado da xornalista María José Floriano con ilustracións de Federico Delicado sobre un poboado marxinal da Comunidade de Madrid. Unha voz infantil é a que nos relata en primeira persoa a vida entre a inocencia e o desencanto. Publícao Kalandraka. A segunda proposta de hoxe, xa para público adolescente, é ‘Regreso á illa de San Simón’, unha banda deseñada que recorda o pasado da illa como campo de concentración. Unha obra colectiva publicada en 2021 pola área de Memoria da Deputación de Pontevedra e realizada por alumnado e ex alumnado da escola O Garaxe Hermético de Pontevedra.
Lecturas para coñecer a realidade máis dura
Podcast: Play in new window | Download ()