Hai cubertas de libros que son verdadeiras obras de arte. Tapas de publicacións que foron encargadas a artistas moi diversos e que decidiron enfrontarse a elas como se fosen auténticos lenzos e que —tanto pola calidade creativa, como pola autoría das mesmas— merecerían ser enmarcadas e amosadas como tales nun museo.
Estos traballos obras de arte feitas capa de libro é o fio conductor da mostra en «Primores do múltiplo: encadernación e coleccionismo», unha exposición que na Biblioteca da Cidade da Cultura pór en valor unha característica determinante dos libros que custodia é que habitualmente pasa desapercibida: a encadernación.
Na exposición móstranse algunhas obras nas que esa interrelación entre encadernación e arte é especialmente significativa con especial atención merece a presenza dos artistas galegos na encadernación editorial do século XX. Carlos Maside, Seoane,Ventura Cores, Xohán Ledo, Xosé Díaz, Virxilio, Pepe Barro…
Igualmente, mencionamos a mostra CÁNDIDO FERNÁNDEZ MAZAS: SIGNOS DUNHA QUIMERA que se inaugura o próximo dia 30 neste mesmo espazo da Cidade da Cultura, dedicada a Cándido Fernández Mazas no dia da Ilustración que este ano protagoniza esta gran ilustrador e artista plástico galego.