Falamos do programa Sumidoiros, da Sala Ingrávida e do espectáculo FARTS, da nova compañía Pornós Teatro

Na colaboración semanal de Roberto Pascual, falamos das inquedanzas creativas da xente nova que sae da ESAD de Galicia, das súas preocupacións amables ou da súa creación sen condicionantes, dun espectáculo que fala de Arte dende a perspectiva única da artista, falamos dos coloquios pos-función, falamos da mentorización na arte escénica, de residencias artísticas, das poses na arte, da relación co público, da diversidade de formatos e procesos creativos.
Facémonos preguntas, xogamos coma cativos, pero fóra do académico e con todas as responsabilidades e compromisos reais que iso conleva. Qué oportunidades e debilidades teñen as novas xeracións de entrar no circuíto profesional? Como integralas e baixo qué parámetros na cadea de valor? Hai que distinguir para o público estes espectáculos en formación e proceso de xeito claro con respecto aos demais espectáculos acabados? 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share