Raposeiras: Arte para as crianzas
Na sección de Tamara Andrés conversamos con Carla Areán sobre a editorial Raposeiras, un selo que intenta achegar a arte aos nenos.
Na sección de Tamara Andrés conversamos con Carla Areán sobre a editorial Raposeiras, un selo que intenta achegar a arte aos nenos.
Tamara Andrés achéganos ó libro ‘O feitizo de Maruja Roca’, publicado na colección Cámara Escura de a Central Folque. Maruja Roca foi unha fotógrafa de Lugo nada a comezos do século XX. Na obra reúnese o traballo de Eutropio Rodríguez como editor fotográfico e a investigación e a palabra de Nieves Neira Roca.
Nieves foi a persoa que lle revelou ao mundo a figura de Maruja Roca e agora, grazas a este libro, podemos acceder a unha mostra do seu traballo fotográfico. A poesía atravesa todo o libro: está presente no limiar, nas fotografías e tamén nas lendas que aparecen ao final e que nos axudan a afondar en cada imaxe.
Na sección de Tamara Andrés conversamos con Mateo Martínez, un dos editores da revista Mazarelos. Mateo fala sobre os propósitos da cabeceira, a importancia que lle atribúen ás redes sociais e plataformas audiovisuais, os temas que tratan e os puntos de venda da publicación en papel.
A nosa experta no eido literario Tamara Andrés debulla o fanzine ‘Flor de cempasúchil’ da Aranxa Vicens. En palabras da artista, trátase dunha “bitácora testemuñal postsuicidio”, xa que o elemento que accionou a escrita foi o intento de suicidio da propia autora.
O libro ‘Entre Donas’ a través dun mosaico de voces
Tamara Andrés fai un repaso da mellor literatura galega que podemos atopar nas redes sociais.
Tamara Andrés achéganos hoxe a dúas autoras galegas con moito futuro: Lorena Conde e Lara Dopazo, que están a piques de publicar os seus próximos libros.