Tamara Andrés
Eva Piay, a ilustración man a man coa literatura
Eva Piay é unha ilustradora de Rubiá que ven de gañar o premio ‘Pura e Dora Vázquez’ da Deputación de Ourense, polo seu traballo para o libro ‘O clube de coleccionista de selos’ de Pablo Nogueira. Con ela estivo conversando Tamara Andrés.
Os libros de Iria Misa
Tamara Andrés preséntanos o universo literario de Iria Misa, docente de secundaria e autora de Literatura Infantil e Xuvenil.
Se xa a coñeciamos como ganadora do premio Jules Verne, hoxe conversamos con ela sobre a súa última novela, A cidade do átomo, que acadou o IV Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade e se publicou, con ilustracións de Sonia Díaz, na colección Merlín de Edicións Xerais.
O talento mozo xúntase en Compostela na Residencia Literaria da Cidade da Cultura
Na sección de Tamara Andrés dedicada á literatura, falamos con Javier Peña que dirixe a Residencia Literaria da Cidade da Cultura. Desenvolverase entre os días 5 e 16 de xullo e é un proxecto enmarcado no programa Residencias artísticas do Gaiás.
‘Ión. Ciclope’ de Eurípides, a nova tradución de Iria Pedreira
Na sección de Tamara Andrés, falamos coa tradutora, filóloga e crítica literaria Iria Pedreira Sanjurjo, que vén de verter ó galego dende o grego clásico dúas obras do famoso dramaturgo Eurípides. Trátase das pezas dramáticas Ión e Ciclope. Xuntas nun mesmo volume editado polo selo Rinoceronte.
A ‘Xeración Zeta’ e Xela Arias: Tres propostas para coñecela
Tamara Andrés, a nosa experta no eido literario, afonda en tres das propostas dirixidas á mocidade que teñen como obxectivo dar a coñecer e divulgar a figura e a obra de Xela Arias, a poeta sarriá a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
A historia dos xenitais das mulleres a través da visión de Liv Strömquist
Na sección de Tamara Andrés afondamos no libro A froita do coñecemento con Patricia Buján, unha das editoras de Catro Ventos. Desciframos as claves desta obra gráfica da feminista e debuxante sueca Liv Strömquist que repasa a historia dos xenitais das mulleres.
Cristian F. Caruncho, cómic de proximidade
Na sección de Tamara Andrés, experta en literatura, conversamos co ilustrador e autor de cómics multipremiado Cristian F. Caruncho. Falamos dos seus traballos ‘Dorotea’ ou ‘Grandarroiba’ e sobre os seus futuros proxectos.
‘Árboles frutales’, relatos arredor do confinamento
Na sección de Tamara Andrés conversamos con Adrián Viéitez, coordinador do libro ‘Árboles Frutales’, que contén textos arredor do confinamento. Tamén falamos con algúns dos autores como Laura Villar ou Ismael Ramos e Jesús Castro, cuxos relatos aparecen publicados en galego e castelán e foron traducidos por eles mesmos.
“Urda”, o novo ‘fanzine’ de Malafera
Na sección de Tamara Andrés conversamos coa poeta e editora Branca Trigo sobre “Urda”, o novo fanzine de poesía que acaba de publicar a editorial Malafera.