Banco Editorial, especialización en edición de libros de artista e fotografía
Sara Donoso, experta en artes visuais, conversa con Aitana Tubío sobre o proxecto Banco Editorial. Aitana relata o nacemento do proxecto e a súa recente mudanza ó rural.
Sara Donoso, experta en artes visuais, conversa con Aitana Tubío sobre o proxecto Banco Editorial. Aitana relata o nacemento do proxecto e a súa recente mudanza ó rural.
Sara Donoso conversa con catro artistas e axentes culturais (Teresa Ferreiro, Elena Bangueses, Natalia Pía e María Maquieira) que estiveron traballando no estranxeiro e que regresaron a Galicia. Un tour que nos leva de viaxe por Reino Unido, Panamá, Italia ou Polonia.
Sara Donoso conversa con Clara Andrade, Arantza Pardo, Irene Vidal, Adrián Conde Novoa e Sabrina Fernández Casas. Cinco artistas galegos que viven fóra do país e sobre os que coñecemos a súa experiencia, os proxectos nos que están metidos, como é o contexto artístico do seu país ou localidade e que plans teñen para o futuro.
Sara Donoso conversa con Silvia Penas e Keens Vereeniging do colectivo Límites sobre a fundación desta iniciativa, a súa idiosincrasia, os seus obxectivos e o seus futuros proxectos.
Na sección de Sara Donoso viaxamos ata Lugo para coñecer Solaina, un espazo artístico multidisciplinar nado en agosto de 2020, coordinado por Antía Carreira e Sergio Marey ao frente. Solaina busca promover a arte e a cultura convertíndose nun lugar onde os artistas poidan coñecerse, traballar xuntos e exhibir as súas pezas.
Na sección de Sara Donoso coñecemos o proxecto ‘F**ck this studio’ situado en Vigo. Un estudo de creación que naceu en xuño de 2020, e que serve á vez como oficina de traballo e como espazo experimental, onde desenvolven exposicións dúas fins de semana ao mes e outros proxectos. Está coordinado por Andrea Costa, Silvia Seivane e Noemí Parga.
A nosa experta en artes visuais Sara Donoso achéganos á figura de Edu Fernández. Músico, ‘youtuber’ e performer, Edu combina a irreverencia absoluta cunha profundidade filosófica e psicolóxica chea de vanidades para acadar un resultado moi actual, no que parece que nos vexamos continuamente reflectidos nese punto entre o ridículo e o intento de ser profundos.
Begoña García e Andrés Magán, gañadores da 15ª edición do Premio Castelao de Banda Deseñada
Colaboración da nosa experta en artes visuais. Sara Donoso conversa cos gañadores do Novo Valores 2020: Mar Ramón Soriano, Nuria Rodríguez Figuerido, Andrea Davila e Alejandro Rego. Tamén falamos coa Fátima Cobo, responsable de exposicións do Museo de Pontevedra.
Na sección de Sara Donoso afondamos na sección Escolas do Intersección, o Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo da Coruña