Brais Romero

O universo visual de Marta Valverde

Marta Valverde (Nigrán, 1994) desenvolve o seu traballo no audiovisual e a fotografía desde a experimentación e a hibridación de formas. Marta é claramente unha das cineastas emerxentes que máis están a destacar actualmente en Galicia.

Sobre a súa traxectoria, o seu modo de ver e de crear, e a súa curta ‘Blanco y fucsia’, falamos con ela e co noso colaborador Brais Romero.

Un repaso ós últimos traballos da directora viguesa Ester García Mera

Na sección de Brais Romero, experto no eido audiovisual, conversamos coa directora e axudante de dirección viguesa Ester García Mera, que vén de presentar o videoclip Llama Encendida para Los Hermanos Cubero e Rodrigo Cuevas. Tamén nos achegaremos ós seus últimos traballos: varias curtametraxes e fashion films.

‘Ratatouille’, un filme etnográfico ambientado nunha cociña londinense

Falamos coa cinesta Sol Mussa que vén de presentar a súa última curtametraxe: Ratatouille, un filme ambientado e filmado na cociña dun restaurante londinense. Na sección de Brais Romero afondamos nesta curtametraxe etnográfica que amosa a contorna de traballo na hostalaría, cos ollos postos na precariadade laboral e as tarefas diarias máis desafiantes. Todos os traballadores do restaurante son inmigrantes e Sol Mussa intenta fiar os conflitos da capital inglesa xunto cos conflitos a menor escala que agroman no día a día laboral.

‘Amnesia 3.0’, cando o espectador escolle a perspectiva da serie

Na sección de Brais Romero, experto no eido audiovisual, conversamos coa lucense Irene Pin, directora da webserie Amnesia 3.0, nominada ós Premios Mestre Mateo. 

Alicia Alonso, o rostro detrás do pano dos eventos

Na sección de Brais Romero, experto no eido audiovisual, conversamos coa creadora e organizadora de eventos Alicia Alonso. Produciu a webserie El método sueco ou a curtametraxe A xustiza pola man. A ourensá Alicia Alonso tamén se animou coa dirección, a gravación e a montaxe de videoclips de grupos como Pedro LaDroga ou Boyanka Kostova.  Na actualidade, compaxina o seu traballo como creadora co traballo en paralelo para diversos festivais de cinema e música como son Curtocircuíto, a Mostra de Cinema Periférico ou o Melona Fest. Ademais, traballa na Academia Galega do Audiovisual, onde se encarga da Comunicación e a Coordinación de Proxectos.

Construcións galegas no videoxogo ‘Cities: Skylines’

Na sección de Brais Romero, experto no eido audiovisual, falamos sobre grafismo e deseño 3D con Andrés Armesto, que constrúe edificios galegos para o videoxogo ‘Cities: Skyline’

Twitch en galego con Agos Reigosa

Na sección de Brais Romero falamos de streaming, da plataforma Twitch e de novas formas de comunicación co streamer lucense Agos Reigosa.

Dez anos de ‘A Cuarta Parede’

Na sección de Brais Romero conversamos co director da revista ‘A Cuarta Parede’, Jesús Silva, sobre o décimo aniversario da cabeceira.

Os últimos proxectos da cineasta Aldara Pagán

Brais Romero, experto Zeta en audiovisual, conversa coa cineasta ourensá Aldara Pagán sobre os seus últimos proxectos. Fala tamén da súa visión sobre o cinema e a súa creación durante a pandemia.

O audiovisual galego no 2020 en clave Zeta

Brais Romero compón un balance do audiovisual galego durante o ano 2020. Trátase dun resumo persoal e xeracional no que detalla o bo e o malo que nos deixou o ano. Brais destaca obras como ‘Hai unha virxe alí arriba’, de Brandán Cerviño; ‘Onde dormen as gaivotas’, de Dani Cornes, ‘Alí Sentíame Eterna’ e o proxecto ‘Nese momento o amor foi escuro e só puiden chorar’, de Aldara Pagán; ‘Blanco y fucsia’, de Marta Valverde; ‘As horas cegas’, de Lara e Noa Castro; ‘Da morte nace a vida’, de Adrián Canoura; ‘A loba’, de Iria Silvosa; ‘Notas sobre a habitabilidade de A Barca’, do Colectivo Cinema Semente, entre outras.

Pin It on Pinterest