Zeta

No profundo das letras dos Verto

A música dos Verto é un dos fenómenos máis interesantes dos últimos tempos. O noso colaborador Cibrán Tenreiro decidiuse a escoitar en bucle as súas cancións tratando de sacarlles o significado, e deu con que un dos temas que máis se repite é o do autorrelato do grupo.

Para Noemí Parga “xa é mañá en Australia”

Para Noemí Parga “xa é mañá en Australia”

Ana San Martín, unha vida de musical

Ana San Martín, unha vida de musical

Os libros de Iria Misa

Tamara Andrés preséntanos o universo literario de Iria Misa, docente de secundaria e autora de Literatura Infantil e Xuvenil. 

Se xa a coñeciamos como ganadora do premio Jules Verne, hoxe conversamos con ela sobre a súa última novela, A cidade do átomo, que acadou o IV Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade e se publicou, con ilustracións de Sonia Díaz, na colección Merlín de Edicións Xerais. 

Manuel Lorenzo, o futuro do violoncello

Manuel Lorenzo é, aos seus 20 e poucos anos, o futuro do violoncello en Galicia. A carreira musical, tan sacrificada, levouno desde o Conservatorio de Santiago ata o de Maastricht, nos Países Baixos, onde compaxina os estudos coa interpretación na Orquestra Xoven da Cidade. 

No Diario Cultural Zeta coñecemos mellor a este novo talento. 

Zeta | Episodio 44

Manuel Lorenzo, o futuro do violoncello. Tamara Andrés preséntanos a obra de Iria Misa.

Coñecemos a Chelo e Judith de Producións de dousdedais

Producións de dous dedais é unha compañía emerxente galega de artes escénicas creada este ano polas actrices Judith Ortigueira e Chelo Todeschini. As liñas de acción da compañía, actuais e de cara ao futuro, céntranse nun teatro cun forte compoñente social e na hibridación de xéneros, a partir de seguir apostando pola colaboración con outras disciplinas artísticas, como a música e a ilustración.

Coñecemos máis sobre elas con Ana Abad de Larriva. 

Pin It on Pinterest