Zeta

Premios Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Esta última edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas deixou como gañador a Diego Vieites. No Zeta, Sara Donoso conversa coa finalista Antía Vieiro, recén graduada en Belas Artes, que quedou segunda co seu traballo “Unha infancia sinistra”.

Arroutadas, compañía teatral descarada

Arroutadas, compañía teatral descarada, está formada por Lydia Prada, Mario Rodríguez e Uxía Algarra. Veñen de presentar a súa última peza, ‘DES-abonar’, dentro do certame Metro Cadrado do FIOT de Carballo. Fálanos deles a colaboradora Ana Abad.

Eva Piay, a ilustración man a man coa literatura

Eva Piay é unha ilustradora de Rubiá que ven de gañar o premio ‘Pura e Dora Vázquez’ da Deputación de Ourense, polo seu traballo para o libro ‘O clube de coleccionista de selos’ de Pablo Nogueira. Con ela estivo conversando Tamara Andrés.

Cine erótico, ficción ou videoclips: o universo de Iria Silvosa

Cine erótico, ficción ou videoclips: o universo de Iria Silvosa

Moda galega na Allianz Ego da Fashion Week de Madrid

Sara Donoso fala con Patricia Chamadoira e Candela Novoa, que veñen de expoñer as súas colección na Allianz Ego da Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid. Con elas vemos como os procesos de pensamento e de creación mostran intereses cruzados entre a moda e as artes visuais.

A memoria da Illa de San Simón

A memoria da Illa de San Simón

Miguel Romero, da ilustración ao teatro e viceversa

Miguel Romero, ou @miguell_romero en Instagram, comezou a facer ilustracións nun caderno para pasar o tempo. Miguel é actor, titulado superior en Arte Dramática, e a través do instagram xurdiulle a oportunidade de colaborar coa compañía Producións De dous dedais coas súas ilustracións.

A colaboradora Ana Abad preséntanos a Miguel desde a súa faceta de ilustrador ata a de actor-creador con obras como ‘Salustiano’.

Adela Otero, o nome detrás de Avoa Producións

Adela Otero, o nome detrás de Avoa Producións

Pin It on Pinterest