Zeta
Mevadeus e o seu Agro 5G
Mevadeus é unha compañía de teatro físico formada polas actrices Mara Neira e Inés Santos e os actores Brais Pombo e Bal Castro, que vén de gañar o Premio Xuventude Crea de Teatro coa súa peza ‘Agro 5G’. Ana Abad cóntanos máis sobre o nacemento da compañía e os seus proxectos.
Elba e o seu ‘Todo guay’
Elba e o seu ‘Todo guay’
Arte em trânsito
Cruzamos a raia para visitar a vila de Monçao e coñecer o proxecto ‘Arte em Trânsito’ da man do seu organizador, Ricardo de Campos. Unha proposta que marida a arte e o patrimonio vitivinícola e na que colaboran a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e o Municipio de Monçao.
‘A adolescencia infinita’ de Víctor Soho
Víctor Soho, naceu en Vigo (1999). Estudiou a especialización en Cinema Documental na ECAM, onde explorou terreos ligados ó cinema experimental, a videoarte e a instalación. Actualmente estuda unha licenciatura en Filosofía pola UNED. Traballou como axudante de montaxe para a obra Glass Blottom Ferry de Chus Gutiérrez e programou na terceira edición de CineZeta, equipo de novos programadores de Cineteca (Madrid). O seu texto “Atrapar con las manos el aire”, sobre o diálogo entre a poesía mística e as relacións a distancia, pode lerse na colección Árboles Frutales da Editorial 16.
Víctor é un dos seleccionados no #LAB de Novos Cinemas, cun proxecto, de título ‘La adolescencia infinita’, que mestura ciencia ficción, adolescencia, múltiples formatos… Algo radicalmente novo, encravado nunha visión xeracional moi específica e cunha estética que impacta.
O traballo máis persoal do coreógrafo Xián Martínez
O traballo máis persoal do coreógrafo Xián Martínez
As Bratzantifa, “hooligans do blandito”
Cibrán Tenreiro preséntanos a súa última obsesión musical: as Bratzantifa. Elas son Marina e Lucía e defínense como “hooligans do blandito”, pero o certo é que detrás hai toda unha actitude política. Pensan na música como algo democrático e non están especialmente preocupadas pola técnica. As letras de Bratzantifa son unha conversa entre amigas.
Dani Cornes, o non cineasta que fai pelis
Dani Cornes, o non cineasta que fai pelis
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- …
- 23
- Seguinte ›