Bruno Arias axúdanos a encher os espazos en branco de Xela
Jesús Silva conversa con Bruno Arias, sobriño de Xela Arias, que está facendo un documental sobre a poeta, ‘Os espazos en branco’.
Jesús Silva conversa con Bruno Arias, sobriño de Xela Arias, que está facendo un documental sobre a poeta, ‘Os espazos en branco’.
Tamara Andrés comenta a programación de diversos eventos e festivais literarios que se celebran coa chegada da primavera, como o Primaletras da Coruña, o Alguén que respira en Compostela ou o Salón do Libro Infantil en Pontevedra.
Cibrán Tenreiro permítese saír das marxes da xeración zeta co novo traballo de Os Vacalouras. A banda de Teis enfronta a vida con ilusión, pero co esgotamento típico da idade, neste ‘Xuventude prexubilada’.
Ana Abad trae a maxia ao Diario Cultural Zeta co festival internacional ‘Galicia Ilusiona’, que chegará ás vilas galegas este verán, organizado polos magos Dani Polo e Pedro Bugarín.
Sara Donoso conversa con Iria Vázquez, presidenta de ‘A Colectiva. Asociación de Artistas de Galicia’, quen nos conta os fins e obxectivos da asociación, algunhas das actividades e liñas de acción desenvolvidas e os beneficios de asociarse.
Despedimos ao noso estimado colaborador Brais Romero, que vai para un lugar (en principio) mellor. Pero non nos deixa orfos, porque desde xa temos ao seu substituto: Jesús Silva. O director da revista ‘A Cuarta Parede’ acompañaranos a partir de agora para comentar o máis novo do audiovisual galego.
Grazas, Brais! Ata pronto!
Mario Obrero e as cereixas
Gorrilla, teatro comunitario en Vigo
Cibrán Tenreiro achéganos en formato “concurso” unha serie de novidade do panorama musical zeta que inclúe a Berto & Marinha, SXSXSX, Néboa & Antía Muíño e Giusseppe.
Achegámonos con Sara Donoso ata o barrio de Monte Alto na Coruña para coñecer ACÉFALA, que se definen como “un colectivo asembleario horizontal sen ánimo de lucro cun proxecto mutable e progresivo”.