Zeta

Zeta | Episodio 10

A nosa colaboradora Sara Donoso achegaranos ós debuxantes Begoña García e Andrés Magán, gañadores da décimo quinta edición do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Pola súa parte, Cibrán Tenreiro fálanos sobre o Liceo Mutante de Pontevedra

E ademais, na sección ‘Nos meus 20 anos’, a nosa compañeira Lucía Junquera achegaranos á mocidade de Margarita Ledo, académica numeraria da Real Academia Galega e catedrática de Comunicación Audiovisual.

Nos meus 20 anos… Juan Carlos Díaz (Xocaloma)

Na sección ‘Nos meus 20 anos’, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían na súa década dos 20 anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade de Juan Carlos Díaz, un dos fundadores do grupo de música tradicional galega Xocaloma.

O libro ‘Entre Donas’ a través dun mosaico de voces

O libro ‘Entre Donas’ a través dun mosaico de voces

Lucía Estévez debulla a súa webserie ‘Xan’

Na sección de Brais Romero conversamos coa cineasta viguesa Lucía Estévez sobre e a súa webserie ‘Xan’, premio a proxecto no Carballo Interplay do 2019.

Zeta | Episodio 9

A nosa colaboradora Tamara Andrés afonda no ideario feminista e debulla o libro ‘Entre Donas’ a través dun mosaico coas voces das diferentes participantes que compoñen o volume.

Na sección de Brais Romero falamos coa cineasta viguesa Lucía Estévez sobre a súa webserie ‘Xan’.

Ademais, na sección Nos meus 20 anos… A nosa compañeira Lucía Junquera achegaranos á mocidade de Juan Carlos Díaz, un dos fundadores do grupo de música tradicional galega Xocaloma.

Nos meus 20 anos… Miguelanxo Prado

Na sección Nos meus 20 anos, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían na súa década dos 20 anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade de Miguelanxo Prado, ilustrador e autor de cómics como ‘Trazo de Xiz’ ou ‘Ardalén’; director da mostra Viñetas desde o Atlántico; e autor do deseño do Xabarín da Televisión de Galicia. 

 

O anonimato na música: O caso da artista galega Sleepy Spice

Na colaboración da noso experto no eido musical Cibrán Tenreiro debullamos unha circunstancia singular: O anonimato na música. Para a súa análise conversamos con Sleepy Spice, nome baixo ó que se agocha unha talentosa artista galega.

 

 

Ernesto Is reflexiona sobre a dramaturxia

Na sección de Ana Abad achegámonos á figura do dramaturgo Ernesto Is. Conversamos con el sobre o seu último proxecto ‘Canciones amarillas para flores tristes’ e sobre o estado dramaturxia en Galicia.

 

 

 

Zeta | Episodio 8

Afondamos na figura do dramaturgo Ernesto Is da man da nosa experta en artes escénicas Ana Abad.

No eido musical,o noso colaborador Cibrán Tenreiro realiza unha viaxe a través do anonimato na música coa ollada posta en Sleepy Spice.

 Na sección ‘Nos meus 20 anos…’ A nosa compañeira Lucía Junquera achéganos á mocidade de Miguelanxo Prado, debuxante de banda deseñada, director desde 1998 do reputado salón Viñetas desde o Atlántico e deseñador da mascota do Xabarín Club da Televisión de Galicia.

 

 

Nos meus anos 20…con Marilar Aleixandre

Na sección Nos meus 20 anos, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían na súa década dos 20 ana, Lucía Junquera achéganos á mocidade de Marilar Aleixandre. Escritora e tradutora. Membro da Real Academia Galega desde 2017.

Pin It on Pinterest