Zeta

A improvisación na música

Cibrán Tenreiro debulla un dos bens máis prezados polos artistas: A improvisación. Apóiase na voz de Aurora Redondo, que asina a súa música como A Rabela, e que entre outras cousas fai rap e regueifa. E tamén na de Macarena Montesinos, que é violonchelista, artista visual e investigadora no campo da arte sonora, e que ten participado nunha chea de proxectos de improvisación libre.

O novo proxecto ‘F**k this studio’ ó descuberto

Na sección de Sara Donoso coñecemos o proxecto ‘F**ck this studio’ situado en Vigo. Un estudo de creación que naceu en xuño de 2020, e que serve á vez como oficina de traballo e como espazo experimental, onde desenvolven exposicións dúas fins de semana ao mes e outros proxectos. Está coordinado por Andrea Costa, Silvia Seivane e Noemí Parga.

Zeta | Episodio 15

Na décimo quinta edición do Diario Cultural Zeta, a nosa colaboradora Sara Donoso achegaranos ó centro artístico ‘F**k this studo’ situado en Vigo. 

Na sección de Cibrán Tenreiro, experto no eido musical, falaremos sobre a improvisación con Aurora Redondo e Macarena Montesinos.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’ -na que personaxes referentes e consolidados contan que facían e onde estaban na súa década dos 20 anos- Lucía Junquera achegaranos á mocidade da actriz e escritora Paula Carballeira.

Zeta | Episodio 13

A nosa colaboradora Ana abad achéganos á figura da cantante MJ Pérez.

Pola súa parte, Cibrán Tenreiro fálanos do selo musical Prinzedom Records.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, Lucía Junquera conversa coa actriz Isabel Blanco sobre a súa mocidade.

Cristina Andrade, actriz polifacética e inqueda

Conversamos coa actriz Cristina Andrade (A Estrada, 1995) sobre os seus proxectos pasados, presentes e futuros, sobre as súas inquedanzas e sobre o que é ser intérprete en Galicia.

Mazarelos: A Historia contada pola xeración zeta

Na sección de Tamara Andrés conversamos con Mateo Martínez, un dos editores da revista Mazarelos. Mateo fala sobre os propósitos da cabeceira, a importancia que lle atribúen ás redes sociais e plataformas audiovisuais, os temas que tratan e os puntos de venda da publicación en papel.

O audiovisual galego no 2020 en clave Zeta

Brais Romero compón un balance do audiovisual galego durante o ano 2020. Trátase dun resumo persoal e xeracional no que detalla o bo e o malo que nos deixou o ano. Brais destaca obras como ‘Hai unha virxe alí arriba’, de Brandán Cerviño; ‘Onde dormen as gaivotas’, de Dani Cornes, ‘Alí Sentíame Eterna’ e o proxecto ‘Nese momento o amor foi escuro e só puiden chorar’, de Aldara Pagán; ‘Blanco y fucsia’, de Marta Valverde; ‘As horas cegas’, de Lara e Noa Castro; ‘Da morte nace a vida’, de Adrián Canoura; ‘A loba’, de Iria Silvosa; ‘Notas sobre a habitabilidade de A Barca’, do Colectivo Cinema Semente, entre outras.

Zeta | Episodio 14

Brais Romero realiza un repaso do máis destacado do eido audiovisual durante o 2020.

Tamara Andrés, experta en literatura, conversa con Mateo Martínez, un dos editores da revista Mazarelos.

Entrevistamos á actriz estradense Cristina Andrade, que vén de estrear a webserie Xan.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, Lucía Junquera achéganos á mocidade do fotógrafo Xurxo Lobato.

A cantante MJ Pérez e a súa relación coas artes escénicas

Ana Abad achéganos á figura da cantante MJ Pérez, que afonda na súa relación coas artes escénicas. Tamén reflexiona sobre as súas cancións ‘Vai embora’ e ‘Mariluz’.

Nos meus 20 anos… con Xosé Manuel Piñeiro

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían na súa década dos 20 anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade de Xosé Manuel Piñeiro, recoñecido presentador da Televisión de Galicia.

Pin It on Pinterest