Zeta

Zeta | Episodio 18

Na sección de Ana Abad falamos coa actriz galega Alba Pérez Sánchez sobrea súa experiencia na Escola Internacional de Teatro Jacques Lecoq en París. Tamén viaxamos polo arquivo Galiza en Música da man de Cibrán Tenreiro.

Na na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes da cultural galega contan que facían e onde estaban na súa década dos 20 anos, achegámonos á mocidade do músico Miguel de Lira.

Nos meus 20 anos… con Xabier Díaz

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían e onde estaban na súa década dos 20 anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade do músico Xabier Díaz.

Os últimos proxectos da cineasta Aldara Pagán

Brais Romero, experto Zeta en audiovisual, conversa coa cineasta ourensá Aldara Pagán sobre os seus últimos proxectos. Fala tamén da súa visión sobre o cinema e a súa creación durante a pandemia.

Solaina, o novo espazo artístico de Lugo

Na sección de Sara Donoso viaxamos ata Lugo para coñecer Solaina, un espazo artístico multidisciplinar nado en agosto de 2020, coordinado por  Antía Carreira e Sergio Marey ao frente. Solaina busca promover a arte e a cultura convertíndose nun lugar onde os artistas poidan coñecerse, traballar xuntos e exhibir as súas pezas.

Zeta | Episodio 17

Na sección de Sara Donoso conversamos con Antía Carreira e Sergio Marey, coordinadores do espazo artístico Solaina, situado en Lugo.

Na sección de Brais Romero falamos coa cineasta ourensá Aldara Pagán sobre os seus últimos proxectos.

Na na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes da cultural galega contan que facían e onde estaban na súa década dos 20 anos, achegámonos á mocidade do músico Xabier Díaz.

Nos meus anos 20… con Fina Casalderrey

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían e onde estaban na súa década dos 20 anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade da escritora Fina Casalderrey.

‘O feitizo de Maruja Roca’, fotografía e poética

Tamara Andrés achéganos ó libro ‘O feitizo de Maruja Roca’, publicado na colección Cámara Escura de a Central Folque. Maruja Roca foi unha fotógrafa de Lugo nada a comezos do século XX. Na obra reúnese o traballo de Eutropio Rodríguez como editor fotográfico e a investigación e a palabra de Nieves Neira Roca.

Nieves foi a persoa que lle revelou ao mundo a figura de Maruja Roca e agora, grazas a este libro, podemos acceder a unha mostra do seu traballo fotográfico. A poesía atravesa todo o libro: está presente no limiar, nas fotografías e tamén nas lendas que aparecen ao final e que nos axudan a afondar en cada imaxe.

Terceira edición do Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual

O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual publica as bases da súa terceira convocatoria. Trátase dunha unha iniciativa da compañía de teatro Feira do Leste, que vai asociada ao  proxecto editorial Á Feira Edicións. O certame pon o  foco en novas formas e temáticas dramatúrxicas e está a piques de  saír o segundo volume coa peza gañadora da segunda edición, xunto con  obras doutras creadoras e creadores.  

Zeta | Episodio 16

Nesta edición décimo sexta edición do Zeta, a nosa colaboradora Tamara Andrés afonda no libro ‘O feitizo de Maruja Roca’, publicado na colección Cámara Escura de a Central Folque. Maruja Roca foi unha fotógrafa de Lugo nada a comezos do século XX. Na obra reúnese o traballo de Eutropio Rodríguez como editor fotográfico e a investigación e a palabra de Nieves Neira Roca.

Pola súa parte, na sección de Ana Abad, experta no eido das artas escénicas, falaremos sobre o Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, que vén de anunciar a súa terceira edición. É  unha iniciativa da compañía de teatro Feira do Leste, que vai asociada ao  proxecto editorial Á Feira Edicións. O certame pon o  foco en novas formas e temáticas dramatúrxicas.  

E ademais, na sección Nos meus 20 anos… na que personaxes referentes e consolidados contan que facían e onde estaban na súa década dos 20 anos… A nosa compañeira Lucía Junquera achegaranos á mocidade de Fina Casalderrei.

Nos meus anos 20… con Paula Carballeira

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían e onde estaban na súa década dos 20 anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade de Paula Carballeira, actriz e escritora de Fene.

Pin It on Pinterest