Zeta

Zeta | Episodio 28

Na sección de Cibrán Tenreiro falamos do novo disco do grupo vigués Tulip que leva por título Estrelas no chan.

Na sección de Ana Abad afondamos na peza Soga e cinsa da compañía Aporía Escénica e conversaremos coa súa directora Diana Mera. Soga e cinsa aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII e pon o foco na relación entre este xenocidio e o desenvolvemento do sistema capitalista.

Por último, achegámonos á mocidade da xornalista, política e escritora María Xosé Porteiro na sección ‘Nos meus 20 anos…’ da man de Lucía Junquera.

Nos meus 20 anos… con Sergio Pazos

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade do actor Sergio Pazos.

Alicia Alonso, o rostro detrás do pano dos eventos

Na sección de Brais Romero, experto no eido audiovisual, conversamos coa creadora e organizadora de eventos Alicia Alonso. Produciu a webserie El método sueco ou a curtametraxe A xustiza pola man. A ourensá Alicia Alonso tamén se animou coa dirección, a gravación e a montaxe de videoclips de grupos como Pedro LaDroga ou Boyanka Kostova.  Na actualidade, compaxina o seu traballo como creadora co traballo en paralelo para diversos festivais de cinema e música como son Curtocircuíto, a Mostra de Cinema Periférico ou o Melona Fest. Ademais, traballa na Academia Galega do Audiovisual, onde se encarga da Comunicación e a Coordinación de Proxectos.

Banco Editorial, especialización en edición de libros de artista e fotografía

Sara Donoso, experta en artes visuais, conversa con Aitana Tubío sobre o proxecto Banco Editorial. Aitana relata o nacemento do proxecto e a súa recente mudanza ó rural.

Zeta | Episodio 27

Na sección de Sara Donoso, experta en artes visuais, afondamos no proxecto Banco Editorial cunha das súas fundadoras: Aitana Tubío.

Na sección de Brais Romero, experto no eido audiovisual, conversamos coa creadora e organizadora de eventos Alicia Alonso.

Na sección Nos meus 20 anos, onde referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade do actor Sergio Pazos.

Nos meus 20 anos… con Elena Ferro

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade da zoqueira Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía no ano 2019.

‘Elisa e Marcela’: 200 funcións e tres anos e medio de xira

No tempo dedicado ás artes escénicas, Ana Abad fala coa actriz Areta Bolado da compañía A Panadaría, que vén de realizar a función número 200 de “Elisa e Marcela”. Tres anos e medio de xira e todo un éxito entre o público. 

Cristian F. Caruncho, cómic de proximidade

Na sección de Tamara Andrés, experta en literatura, conversamos co ilustrador e autor de cómics multipremiado Cristian F. Caruncho. Falamos dos seus traballos ‘Dorotea’ ou ‘Grandarroiba’ e sobre os seus futuros proxectos.

Zeta | Episodio 26

Na sección de Tamara Andrés, experta en literatura, conversamos co ilustrador e autor de cómics Cristian F. Caruncho.

No tempo dedicado ás artes escénicas, Ana Abad fala coa compañía A Panadaría, que vén de realizar a función número 200 de “Elisa e Marcela”. Tres anos e medio de xira xa e todo un éxito entre o público. 

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade da zoqueira Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía no ano 2019.


 

Nos meus 20 anos… con Teté Delgado

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían e onde estaban na súa década dos vinte anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade da actriz Teté Delgado.

Pin It on Pinterest