Zeta

Proxecto Rizoma, unha aproximación á música underground en Galicia

Cibrán Tenreiro, experto no eido musical, conversa con Estefanía Tarrío sobre o proxecto Rizoma que ten como obxectivo a divulgación da música underground en Galicia. Céntrase no punk, metal  e o rock. Nas redes sociais do Proxecto Rizoma combínase información sobre centros sociais ou bandas desaparecidas con explicacións de conceptos máis académicos como o de “subcultura” ou “pánico moral”. Tamén reúne recomendacións de bandas ou consellos para apoiar esta escena creativa e darlle visibilidade

Taller Abierto e a divulgación da arte contemporánea entre os cativos

Na sección de Sara Donoso, experta en artes visuais, afondamos no proxecto ‘CATRO + CATRO’ de Taller Abierto. Unha iniciativa que, coa axuda dunha serie de vídeos, pretende achegar a arte contemporánea galega ós rapaces dos colexios a través da obra de oito artistas mozos.

Zeta | Episodio 30

Na sección de Cibrán Tenreiro conversamos con Estefanía Tarrío sobre o proxecto Rizoma que ten como obxectivo a divulgación da música underground en Galicia. Céntrase no punk, metal  e o rock.

No tempo dedicado ás artes visuais da man de Sara Donoso, afondamos no proxecto ‘CATRO + CATRO’ de Taller Abierto. Unha iniciativa que, coa axuda dunha serie de vídeos, pretende achegar a arte contemporánea galega ós rapaces dos colexios a través da obra de oito artistas mozos.

Por último, achegámonos á mocidade da cesteira Idoia Cuesta da man de Lucía Junquera na sección ‘Nos meus 20 anos…’

Nos meus 20 anos… con Tonhito de Poi

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade artista polifacético Tonhito de Poi.

‘Amnesia 3.0’, cando o espectador escolle a perspectiva da serie

Na sección de Brais Romero, experto no eido audiovisual, conversamos coa lucense Irene Pin, directora da webserie Amnesia 3.0, nominada ós Premios Mestre Mateo. 

A historia dos xenitais das mulleres a través da visión de Liv Strömquist

Na sección de Tamara Andrés afondamos no libro A froita do coñecemento con Patricia Buján, unha das editoras de Catro Ventos. Desciframos as claves desta obra gráfica da feminista e debuxante sueca Liv Strömquist que repasa a historia dos xenitais das mulleres.

Zeta | Episodio 29

Na sección de Literatura de Tamara Andrés afondamos no libro A froita do coñecemento con Patricia Buján, unha das editoras de Catro Ventos. Achegámonos as claves desta obra gráfica da feminista e debuxante sueca Liv Strömquist que repasa a historia dos xenitais das mulleres.

Tamén conversamos coa lucense Irene Pin, directora da webserie Amnesia 3.0, nominada ós Premios Mestre Mateo, na sección de Brais Romero, o noso experto no eido audiovisual.

Por último, Lucía Junquera descóbrenos a mocidade dun dos artistas galegos máis polifacéticos: Tonhito de Poi.

Nos meus 20 anos… con María Xosé Porteiro

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade da xornalista, política e escritora María Xosé Porteiro.

‘Estrelas no chan’, o novo disco de Tulip

Na sección de Cibrán Tenreiro afondamos no novo disco do grupo vigués Tulip que leva por título Estrelas no chan. Óscar Raña e Marta González, dous dos integrantes da banda, analizan no Diario Cultural Zeta a idiosincrasia do álbum.

‘Soga e cinsa’, unha visión crítica da caza de bruxas

Na sección de Ana Abad afondamos na peza Soga e cinsa da compañía Aporía Escénica e conversamos coa súa directora Diana Mera. Soga e cinsa aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII e pon o foco na relación entre este xenocidio e o desenvolvemento do sistema capitalista.

Pin It on Pinterest