Zeta

Zeta | Episodio 33

Na sección de Ana Abad, falamos con Yoli Lorenzo e Iván Márquez, da compañía galega Tricotrí Teatro. Están en Madrid de xira co seu primeiro espectáculo Monstros de dez minutos, dirixido ao público familiar.

Na sección de Cibrán Tenreiro, conversamos sobre música e concertos coa DJ galega Teresa Ferreiro. En concreto, afondamos nas últimas medidas para conter a Covid-19 que afectan ás actividades musicais.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, onde nos achegamos á mocidade dun referente cultural, a nosa compañeira Lucía Junquera descóbrenos que facía o músico Vituco Neira cando contaba con 20 anos de idade.

Cuchiflainas, moda para a ‘Xeración Zeta’

Na sección de Sara Donoso afondamos no proxecto Cuchiflainas da artista Xoana/Pascual. Unha iniciativa que se centra na moda e complementos  pero que tamén combina a pintura, a serigrafía, a reciclaxe, a costura e o deseño.

Nos meus 20 anos… con Charo Pita

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade da escritora Charo Pita.

‘Ratatouille’, un filme etnográfico ambientado nunha cociña londinense

Falamos coa cinesta Sol Mussa que vén de presentar a súa última curtametraxe: Ratatouille, un filme ambientado e filmado na cociña dun restaurante londinense. Na sección de Brais Romero afondamos nesta curtametraxe etnográfica que amosa a contorna de traballo na hostalaría, cos ollos postos na precariadade laboral e as tarefas diarias máis desafiantes. Todos os traballadores do restaurante son inmigrantes e Sol Mussa intenta fiar os conflitos da capital inglesa xunto cos conflitos a menor escala que agroman no día a día laboral.

Zeta | Episodio 32

Na sección de audiovisual de Brais Romero falamos coa cinesta Sol Mussa que vén de presentar a súa última curtametraxe: ‘Ratatouille’, un filme ambientado e filmado na cociña dun restaurante londinense. Unha curtametraxe etnográfica que amosa a contorna de traballo na hostalaría, cos ollos postos na precariadade laboral e as tarefas diarias máis desafiantes. Todos os traballadores do restaurante son inmigrantes e Sol Mussa intenta fiar os conflitos da capital inglesa xunto cos conflitos a menor escala que agroman no día a día laboral.

Na sección de Sara Donoso, experta en artes visuais, afondamos no proxecto Cuchiflainas da artista Xoana/Pascual, unha iniciativa que se centra na moda e complementos  pero que tamén combina a pintura, a serigrafía, a reciclaxe, a costura e o deseño. 

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, Lucía Junquera descóbrenos a mocidade da escritora Charo Pita durante a súa mocidade.

Nos meus 20 anos… Marcos Calveiro

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade do escritor Marcos Calveiro.

‘Relato para un incendio’, o último proxecto do dramaturgo Ernesto Is

Na sección de Ana Abad conversamos co dramaturgo Ernesto Is, que vén de gañar a bolsa de dramaturxia de AGADIC co proxecto Relato para un incendio. Ernesto Is reflexiona sobre o que supón esta bolsa e de que trata o proxecto.

A ‘Xeración Zeta’ e Xela Arias: Tres propostas para coñecela

Tamara Andrés, a nosa experta no eido literario, afonda en tres das propostas dirixidas á mocidade que teñen como obxectivo dar a coñecer e divulgar a figura e a obra de Xela Arias, a poeta sarriá a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Zeta | Episodio 31

Tamara Andrés ofrécenos tres das propostas dirixidas á mocidade que teñen como obxectivo dar a coñecer e divulgar a figura e a obra de Xela Arias, a poeta sarriá a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

No tempo dedicado ás artes escénicas, Ana Abad cóntanos o último éxito do dramaturgo Ernesto, que vén de gañar a bolsa de dramaturxia de AGADIC co proxecto Relato para un incendio.

Por último, na seccións ‘Nos meus 20 anos…’ achegámonos á mocidade do escritor Marcos Calveiro da man de Lucía Junquera.

Nos meus 20 anos… Idoia Cuesta

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade da cesteira Idoia Cuesta.

Pin It on Pinterest