Zeta

Zeta | Episodio 40

Entrevista: Miguel Abad e Ricardo de Konta, recén graduados en Comunicación Audiovisual, que triunfan cos seus respectivos proxectos.

Na colaboración de Brais Romero conversamos con Marta Valverde sobre o seu universo visual.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, a nosa compañeira Silvia López descóbrenos que facía durante a súa mocidade o editor Quique Alvarellos.

Zeta | Episodio 39

Presentación da Segunda temporada do Diario Cultural Zeta. Presentado por Lucía Junquera e coas voces de Silvia López e Érika Martínez. Coas colaboracións de Brais Romero, Sara Donoso, Cibrán Tenreiro, Ana Abad e Tamara Andrés.

A cultura da xeración zeta ten o seu espazo e altofalante na Radio Galega a través deste Diario Cultural Zeta.

Xebra, creación escénica contemporánea

Na sección de Ana Abad falamos coa compañía Xebra sobre a estrea da súa primeira peza, Irremediablemente soa.

‘Nos meus 20 anos’… con Kiko da Silva

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade do debuxante Kiko da Silva.

Galpón Lab, unha asociación para promover a creación artística e o intercambio cultural

Na sección de Sara Donoso conversamos con Eva Fandiño e Iria Rodríguez sobre Galpón Lab, unha asociación que ten como obxectivo promover o intercambio cultural a través de diferentes proxectos como faladoiros, exposicións ou obradoiros.

O talento mozo xúntase en Compostela na Residencia Literaria da Cidade da Cultura

Na sección de Tamara Andrés dedicada á literatura, falamos con Javier Peña que dirixe a Residencia Literaria da Cidade da Cultura. Desenvolverase entre os días 5 e 16 de xullo e é un proxecto enmarcado no programa Residencias artísticas do Gaiás.

Zeta | Episodio 37

Na sección de Tamara Andrés dedicada á literatura, falamos con Javier Peña que dirixe a Residencia Literaria da Cidade da Cultura. Desenvolverase entre os días 5 e 16 de xullo e é un proxecto enmarcado no programa Residencias artísticas do Gaiás.

Na sección de Sara Donoso conversamos con Eva Fandiño e Iria Rodríguez sobre Galpón Lab, unha asociación que ten como obxectivo promover o intercambio cultural a través de diferentes proxectos como faladoiros, exposicións ou obradoiros.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, onde afondamos no pasado dos nosos referentes culturais, a nosa compañeira Lucía Junquera descóbrenos que facía durante a súa mocidade o debuxante Kiko da Silva

Zeta | Episodio 36

Na sección de Brais Romero conversamos con Andrea Villa, que desenvolve gran parte da súa carreira profesional en equipos de comunicación de eventos e proxectos de diversa índole como a Academia Galega do Audiovisual, o Festival de Cans, Novos Cinemas, (S8) Mostra de Cinema Periférico, Curtocircuíto ou Festival de Cine Internacional de Ourense. Tamén ten traballado como responsable de redes sociais do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, do que agora é programadora de actividades.

Na sección de Ana Abad, experta en artes escénicas, coñecemos á compañía Amorodio Teatro, de recente creación. Os seus compoñentes cóntannos como naceu a agrupación, as súas liñas de traballo ou as súas próximas estreas.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, onde afondamos no pasado dos nosos referentes culturais, a nosa compañeira Lucía Junquera descóbrenos que facía durante a súa mocidade Luciano Gómez, director do conservatorio de danza da Coruña.

‘Amorodio’, a compañía que quere ficar aquí

Na secciónde artes escénicas, Ana Abad achéganos á compañía Amorodio Teatro, que nos fala sobre a súa primeira peza, Reino da extinción.

Nos meus 20 anos… con Patricia de Lorenzo

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, Lucía Junquera achéganos á mocidade da actriz e cantante Patricia de Lorenzo.

Pin It on Pinterest