Cibran Tenreiro

No profundo das letras dos Verto

A música dos Verto é un dos fenómenos máis interesantes dos últimos tempos. O noso colaborador Cibrán Tenreiro decidiuse a escoitar en bucle as súas cancións tratando de sacarlles o significado, e deu con que un dos temas que máis se repite é o do autorrelato do grupo.

A crítica musical en ‘A que cheira, papá?’

A crítica musical en ‘A que cheira, papá?’

O traballo do crítico musical con Celia Eiras

Na sección de Cibrán Tenreiro conversamos sobre a crítica musical con Celia Eiras que escribe e é editora en Balea, un medio dixital en galego que trata temas culturais e que podedes atopar na internet como ‘balea.gal’

Unha ollada á normativa anti-covid nos concertos coa DJ Teresa Ferreiro

Na sección de Cibrán Tenreiro, conversamos sobre música e concertos coa DJ galega Teresa Ferreiro. En concreto, afondamos nas últimas medidas pra conter a covid-19 que afectan ás actividades musicais.

Proxecto Rizoma, unha aproximación á música underground en Galicia

Cibrán Tenreiro, experto no eido musical, conversa con Estefanía Tarrío sobre o proxecto Rizoma que ten como obxectivo a divulgación da música underground en Galicia. Céntrase no punk, metal  e o rock. Nas redes sociais do Proxecto Rizoma combínase información sobre centros sociais ou bandas desaparecidas con explicacións de conceptos máis académicos como o de “subcultura” ou “pánico moral”. Tamén reúne recomendacións de bandas ou consellos para apoiar esta escena creativa e darlle visibilidade

‘Estrelas no chan’, o novo disco de Tulip

Na sección de Cibrán Tenreiro afondamos no novo disco do grupo vigués Tulip que leva por título Estrelas no chan. Óscar Raña e Marta González, dous dos integrantes da banda, analizan no Diario Cultural Zeta a idiosincrasia do álbum.

A diferenza xeracional na música con Columna Vegana

Na sección de Cibrán Tenreiro afondamos na cuestión da diferenza xeracional co grupo Columna Vegana, no que o seu vocalista Estevo naceu a comezos dos 80 e Corbi, que toca a guitarra e os sintetizadores, unha década máis tarde. Tamén falamos do amor a través da música e sobre o pop.

A converxencia de diferentes linguas na música

Na sección de Cibrán Tenreiro, experto en música, afondamos nos rexistros e linguas nas letras das cancións apoiándose na experiencia e opinións de Nuno Pico de Grande Amore.

Segunda etapa do “paseo” polo arquivo Galiza en Música

Cibrán Tenreiro afonda de novo no arquivo Galiza en Música nun tour por diferentes puntos xeográficos ó son das cancións deste catálogo.

De “paseo” polo arquivo Galiza en Música

Cibrán Tenreiro afonda no arquivo Galiza en Música nun tour por diferentes puntos xeográficos ó son das cancións deste catálogo.

Pin It on Pinterest