Cibran Tenreiro
A relación da música co audiovisual
Cibrán Tenreiro fálanos esta semana da relación da música co cine e as series.
Os Vacalouras: nas marxes zetas coa Xuventude prexubilada
Cibrán Tenreiro permítese saír das marxes da xeración zeta co novo traballo de Os Vacalouras. A banda de Teis enfronta a vida con ilusión, pero co esgotamento típico da idade, neste ‘Xuventude prexubilada’.
Novidades musicais con marca zeta
Cibrán Tenreiro achéganos en formato “concurso” unha serie de novidade do panorama musical zeta que inclúe a Berto & Marinha, SXSXSX, Néboa & Antía Muíño e Giusseppe.
O Casino 1889 de Carballo
Cibrán Tenreiro fálanos no Zeta da complicada situación pola que está a pasar o Casino de Carballo. A problemática é un xuízo no que se vai decidir sobre a propiedade deste lugar, que é dos poucos edificios históricos que quedan na vila. Os inicios desta asociación, co nome de Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, están en 1889, pero levan neste local como arrendatarios desde 1925.
Neste caso o conflito legal é entre eles e unha empresa inmobiliaria, Horta do Casino. Cibrán falou con Olivia Pena, unha das persoas que participan do Casino 1889, para que nos explicase un pouco o que fan e en que situación se atopan.
Martín González Conde, o home orquestra, é Legítimo Polvo
Legítimo Polvo é o último proxecto do músico do Grove Martín González Conde. Nesta nova proposta que nos presenta Cibrán Tenreiro achegámonos ao novo son de Martín, no que mestura o vello (a súa guitarra) e o novo (trebellos electrónicos), para falarnos de ir de festa, de resacas e de amoríos.
O que quedou no tinteiro da música do 2021
Cibrán Tenreiro comeza ano no Zeta recollendo a música de todos aqueles artistas que lle quedaron no tinteiro do 2021.
Elba e o seu ‘Todo guay’
Elba e o seu ‘Todo guay’
As Bratzantifa, “hooligans do blandito”
Cibrán Tenreiro preséntanos a súa última obsesión musical: as Bratzantifa. Elas son Marina e Lucía e defínense como “hooligans do blandito”, pero o certo é que detrás hai toda unha actitude política. Pensan na música como algo democrático e non están especialmente preocupadas pola técnica. As letras de Bratzantifa son unha conversa entre amigas.
- 1
- 2
- 3
- Seguinte ›