O universo visual de Marta Valverde
Marta Valverde (Nigrán, 1994) desenvolve o seu traballo no audiovisual e a fotografía desde a experimentación e a hibridación de formas. Marta é claramente unha das cineastas emerxentes que máis están a destacar actualmente en Galicia.
Sobre a súa traxectoria, o seu modo de ver e de crear, e a súa curta ‘Blanco y fucsia’, falamos con ela e co noso colaborador Brais Romero.