Ana Abad

‘Relato para un incendio’, o último proxecto do dramaturgo Ernesto Is

Na sección de Ana Abad conversamos co dramaturgo Ernesto Is, que vén de gañar a bolsa de dramaturxia de AGADIC co proxecto Relato para un incendio. Ernesto Is reflexiona sobre o que supón esta bolsa e de que trata o proxecto.

‘Soga e cinsa’, unha visión crítica da caza de bruxas

Na sección de Ana Abad afondamos na peza Soga e cinsa da compañía Aporía Escénica e conversamos coa súa directora Diana Mera. Soga e cinsa aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII e pon o foco na relación entre este xenocidio e o desenvolvemento do sistema capitalista.

‘Elisa e Marcela’: 200 funcións e tres anos e medio de xira

No tempo dedicado ás artes escénicas, Ana Abad fala coa actriz Areta Bolado da compañía A Panadaría, que vén de realizar a función número 200 de “Elisa e Marcela”. Tres anos e medio de xira e todo un éxito entre o público. 

Compañía Eléctrica, a nova agrupación teatral galega

Ana Abad, experta en artes escénicas, conversa coa actriz Iria Pinheiro sobre a Compañía Eléctrica, a nova formación que vén de crear con Suso Jalda, e da súa primeira peza, Aibō, que vén de estrearse en Cangas.

Márketing para actores con Yago Durán

Ana Abad fala co intérprete Yago Durán que vén de lanzar un curso online de márketing actoral. Durán explica a importancia que esta cuestión ten para un actor ou unha actriz e conta como está a situación das artes escénicas en Turquía, onde vive, e a súa experiencia alí. 

O intérprete leva anos afondando no márketing para os actores, investigando cales son as súas necesidades e cales son as ferramentas que poden contribuír a presentarse e desenvolverse mellor no mercado laboral. 

Alba Pérez e a Escola Internacional de Teatro Jacques Lecoq

Na sección de Ana Abad viaxamos ata París para coñecer desde dentro a Escola Internacional de Teatro Jacques Lecoq. Conversamos con Alba Pérez, actriz galega alumna do centro francés, que nos describe a súa experiencia, o método formativo, a situación do teatro coa chegada da covid-19 e os seus futuros proxectos.

Terceira edición do Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual

O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual publica as bases da súa terceira convocatoria. Trátase dunha unha iniciativa da compañía de teatro Feira do Leste, que vai asociada ao  proxecto editorial Á Feira Edicións. O certame pon o  foco en novas formas e temáticas dramatúrxicas e está a piques de  saír o segundo volume coa peza gañadora da segunda edición, xunto con  obras doutras creadoras e creadores.  

A cantante MJ Pérez e a súa relación coas artes escénicas

Ana Abad achéganos á figura da cantante MJ Pérez, que afonda na súa relación coas artes escénicas. Tamén reflexiona sobre as súas cancións ‘Vai embora’ e ‘Mariluz’.

O Festival de Pezas dun Teatro do Porvir á palestra

Ana Abad, experta en artes escénicas, debúlla o Festival de Pezas dun Teatro do Porvir. Procesos abertos de escrita dramática. Galiza e Portugal’, organizado pola sección de literatura dramática da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), celebrado o 21 de novembro dentro das xornadas de Literatura Dramática.

Ernesto Is reflexiona sobre a dramaturxia

Na sección de Ana Abad achegámonos á figura do dramaturgo Ernesto Is. Conversamos con el sobre o seu último proxecto ‘Canciones amarillas para flores tristes’ e sobre o estado dramaturxia en Galicia.

 

 

 

Pin It on Pinterest