Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
‘Emilia Pardo Bazán e Galicia’, o novo ensaio do catedrático José María Paz Gago. ‘Código Emperador’ e outras estreas da fin de semana con Begoña Vázquez de Sala 5.
‘Emilia Pardo Bazán e Galicia’, o novo ensaio do catedrático José María Paz Gago. ‘Código Emperador’ e outras estreas da fin de semana con Begoña Vázquez de Sala 5.
Este 2022 celebramos o centenario do nacemento de María Casares, a actriz da Coruña que triunfou no exilio en París, e que de feito foi a gran actriz francesa. No Museo de Belas Artes da cidade celebran unha serie de conferencias arredor dela e hoxe os protagonistas serán o director Lluis Pasqual e a escritora Anne Plantagenet.
E despois temos a Montse Pena Presas para falarnos de poesía, de ‘No xardín do poeta’ de Antonio Garcia Teijeiro.
Temos de convidado a Nani García, ao músico da Coruña coñecido por todas esas bandas sonoras de cine e de televisión, que estrea novo traballo de jazz. O disco chámase ‘Hai un desequilibrio…’, volve ao trio de jazz con Simon Garcia e Miguel Cabana e moi pronto estará de xira.
E despois ven Armando Requeixo a comentar o novo libro de Francisco Castro, un ensaio sobre o machismo e as novas masculinidades que se chama ‘Isto si é un home’.
V edición do festival de poesía ‘Alguén que respira’, do 18 ao 21 de marzo no Teatro Principal de Compostela. Unha edición centrada no corpo e a sexualidade. Falamos co seu director, Antón Lopo.
E Luis Miguel Crespo fainos un completo perfil do pianista e compositor Andrés Gaos.
Falamos con Xulia Santiso, unha das autoras de ‘A voz das últimas cigarreiras coruñesas’ (Baía) e tamén con Lolecha, Dolores Rodríguez, que é unha desas últimas cigarreiras.
E despois, día de cine neste diario, coa colaboración de Begoña Vázquez de Sala 5
Hoxe fanse 20 anos da morte de Carlos Casares, un autor fundamental da nosa narrativa e sobre todo un home da cultura galega en todas as súas formas, porque foi escritor, xornalista, tradutor, editor… No Diario Cultural, unha pequena homenaxe con dúas persoas que o coñeceron moi ben, como o seu fillo Hakan e a experta en literatura galega Dolores Vilavedra.
E onte conversábamos sobre o importante da literatura infantil para educar en igualdade, e como hoxe vén Montse Pena Presas por aquí, a súa lectura recomendada será ‘Neko’, de Eva Mejuto publicada por Oqueleo.
Neste día da muller no Diario Cultural fixámonos nas mulleres e nos homes de mañá, nas nenas e nenos e no importante que é a cultura para o seu desenvolvemento. Polo tanto, esa cultura debe ser feminista e igualitaria. Concretamente, imos reflexionar cunha profesora, cunha escritora e cunha experta en literatura infantil e xuvenil sobre a lectura como ferramenta para educar en igualdade.
E despois, temos como cada martes a lectura de Armando Requeixo, que hoxe protagoniza Imaxes roubadas, o libro de relatos de Nones Araújo.
Este 2022 é o ano Laxeiro nas artes galegas e temos xa a primeira mostra de moitas que seguro que virán nos primeiros meses. Chámase ‘Laxeiro descoñecido’ porque son 13 obras inéditas, nunca vistas polo público, así que temos aquí unha oportunidade excepcional de velas na Fundación Laxeiro en Vigo.
E despois, luns de poesía con Alba Cid, que ven a comentarnos a ‘Ontoloxía poética’ de Carlos Santiago.
A cultura é un ben esencial, pero non sempre é accesible para todo o mundo. Persoas con diferentes discapacidades, como visual ou auditiva, teñen demasiadas barreiras na maioría dos casos. Pero hoxe queremos contar que o Centro Dramatico Galego dispón desde fai unhas semanas dun sistema inclusivo pioneiro para que as obras sexan accesibles. Imos saber en que consiste e como funciona.
E no tempo das lecturas de Montse Pena Presas imos ver como a literatura, neste caso a infantil e xuvenil, nos pode axudar a falar da guerra cos máis pequenos e pequenas.