PodCast
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30
Para este mércores temos unha convidada moi especial: Yolanda Castaño. Leva moitos anos traballando pola nosa poesía, a cultura e a lingua de maneiras moi diversas. Hoxe queremos conversar con ela sobre a súa labor de xestora cultural detrás do ciclo ‘Poetas di(n)versos’.
E despois teremos a outra convidada excepcional, Fina Calleja, que dirixe a adaptacion de ‘Asemblea xeral’, do dramaturgo Lauro Olmo, para conmemorar o seu centenario.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30
Hoxe imos ata a cidade de Ourense, pero para trasladarnos culturalmente a África. Chega a segunda edición do Festival Harmatán, con teatro, danza, música e debate, para achegar a cultura deste enorme e diverso continente a Galicia.
Despois, teremos a nosa dose semanal de literatura con Armando Requeixo e o novo libro de Manuel Portas.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30
Falamos con María Besteiros sobre o seu poemario ‘A lista da compra’, que publicou con Galaxia. E Luis Miguel Crespo coméntanos a programación semanal da Orquestra Sinfónica de Galicia.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- …
- 269
- Seguinte ›