PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Achegámonos á fin de semana, e xa sabemos que un dos mellores refuxios contra as altas temperaturas son as salas de cine. Hoxe teremos por aquí a Moncho Lemos para comentar as estreas, que veñen especialmente frescas, película de Nadal incluída. Pero antes, unha mostra fotográfica arredor do arquivo do vigués Raniero Fernandez, que se inaugura esta tarde no CGAC de Compostela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O noso colaborador de hoxe, Roberto Pascual, é ademais o director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, polo que hoxe nos acompañará para falarmos da trixésimo oitava edición, que comeza este venres. O punto de partida da MIT será a entrega do premio de honra Roberto Vidal Bolaño, que este ano recibirá Eduardo Cunha, ‘Tatán’. Con el comezamos esta media hora de cultura e de teatro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Martes de literatura, a que nos vai achegar Armando Requeixo, hoxe co novo ensaio de Victorino Pérez Prieto. Pero antes imos a Merza, no concello de Vila de Cruces. Alí comezou o domingo a segunda edición do Galaico Brass Festival, un evento dedicado aos instrumentos de metal, que teñen moita sona e tradición na comarca. Falamos cun dos organizadores, o trompetista Yael Fiuza.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Estamos a xoves, así que toca convidar a Moncho Lemos para que nos fale das máis esperadas estreas de cine, pero antes imos conversar coa tradutora Eva Almazán sobre ‘O ano do pensamento máxico’, o recoñecidísimo libro de Joan Didion, que por fin podemos ler en galego.

Pin It on Pinterest