PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O programa de hoxe é un recordo á figura de Luz Pozo Garza no seu centenario. Falamos sobre a súa obra e vida, tan intimamente ligadas, coa académica Olivia Rodríguez. Teremos tempo tamén para o cine, como cada xoves, con Moncho Lemos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Falamos coa arquitecta María Fandiño, gañadora dun premio de sostibilidade pola súa restauración da Explanada do Horizonte no concello do Rosal. E tamén estamos en Lugo, onde vai comezar o III Ciclo Experimenta de música de vangarda en lugares do máis insospeitados.

Para pechar, a sección de teatro do noso colaborador Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

As artes e a cultura axúdannos de moitas maneiras a descifrar o mundo e descubrilo desde todas as perspectivas posibles. Neste Diario Cultural imos comprobalo, por exemplo, coa lectura de Armando Requeixo. Hoxe proponnos o título ‘Lua Nova’ de Irene Montero, unha historia de visibilidade e inclusión a través das teclas dun piano. Pero tamén temos unha descuberta das artes no noso tema principal: un grupo de alumnado da Universidade de Vigo, que sacaron adiante un videoxogo, ‘Retorno Arnoia’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comezamos semana coñecendo as obras gañadoras dos premios Xerais: Anxo Iglesias (premio Merlín) con ‘Unha nova dimensión’; Rocio Leira (premio Jules Verne) con ‘Cicuta para dous’; e María Solar (premio Xerais de novela) con ‘A culpa’. Pola súa banda, Alba Cid comenta hoxe o novo poemario de Yolanda Castaño, ‘Materia’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe falamos do sector do libro galego, que reclama máis diálogo ao Consello Asesor do Libro, e por iso hoxe as cinco principais asociacións non acudirán á xuntanza prevista, en forma de protesta. Pero comezamos o programa recuperando unha das obras da tempada nas artes escénicas, ‘Inloca’ de Matarile teatro. O domingo será o únco pase na nosa comunidade. Falamos con Ana Vallés sobre este e outros proxectos de Matarile.

Pin It on Pinterest