PodCast
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe temos dúas viaxes no tempo moi diferentes. Alba Cid proponnos percorrer as fronteiras entre o século XX e o XXI con dúas lecturas poéticas, ‘Sonoridade das auras’ e a Revista Pantano. Pero todas as viaxes no tempo deberían comezar o máis atrás posible. Por exemplo, na prehistoria. Ata alí iremos desde a Pobra do Brollón coa axuda de dous arqueólogos que descubriron o que podería ser o primeiro cairn da Península Ibérica.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Mulleres de todas as disciplinas protagonizan o programa de hoxe. Desde Montse Pena Presas, que nos falará de Planeta Bugallo, o libro que asinan Raquel Castro e Blanca Millán; ata as Tanxugueiras. Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro estrean disco, o seu agardadísimo ‘Diluvio’, e hoxe témolas aquí.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Martes de lecturas co noso colaborador Armando Requeixo, que escolleu, para pechar a temporada, a nova novela de Héctor Pose, ‘Muxos’.
Pero comezamos o día paseando polas rúas de Combarro, co mar e o seu conxunto histórico, eses fermosos hórreos de fondo. A Asociación Armadiña organiza a II Semana do Museo, unha serie de actividades para reivindicar a creación dun museo na vila.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
A vaga de incendios deixa miles de hectareas queimadas, bosques autóctonos perdidos, casas destruidas, fauna morta… e o noso patrimonio cultural e etnográfico gravemente ferido. Hoxe imos co catedrático de historia Lourenzo Fernandez Prieto a avaliar os danos do lume nun lugar como O Vilar, en Folgoso do Courel, que gardaba pequenas xoias patrimoniais.
E despois, as lecturas de verán de Montse Pena Presas.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- 269
- Seguinte ›