PodCast
Ofelia Rey Castelao, Premio Nacional de Historia de España
Conversamos coa catedrática de Historia Moderna da USC sobre a obra galardoada, ‘El vuelo corto. Mujeres y migraciones de la Edad Moderna’, na que saca á luz a importancia das migracións femininas entre os séculos XV e XVIII. O libro analiza tamén as consecuencias da emigración masculina para as mulleres que quedaban.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
A fotografía serve para contar o mundo dun xeito que é, ao mesmo tempo, fermoso e terrible. Como é a realidade que retrata. Hoxe imos á Coruña, ao festival FFoco de fotografía, a descubrir traballos que explican dalgún xeito este fenómeno global que é o cambio climático, desde a perspectiva galega.
E pechamos o diario con música portuguesa de Daniel Pereira, Xico Malheiro e Omiri, coa compañía de Emilio Españadero de Lume na Palleira
De Pamela Rodríguez a Aliboria
‘Dezanove comunas e un aeroporto’, vidas cruzadas en Bruxelas
Estes relatos de Daniel Ugarte realizan un retrato colectivo da cidade a través de historias ambientadas nas 19 comunas da rexión de Bruxelas e mais no aeroporto de Zaventem. Retratos marcados polo código postal no que viven os personaxes, maioritariamente estranxeiros, entre eles emigrantes galegos de varias xeracións. Edicións Morgante publica este segundo libro de Ugarte, que debutara en 2019 coa novela O coala.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- 269
- Seguinte ›