PodCast

Podcast Diario Cultural 17:30

Outono Códax Festival 2018. Colaboración de Beli Martínez sobre audiovisual galego.

Podcast Diario Cultural 14:45

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a exposición fotográfica ‘Bleda e Rosa. Xeografía do tempo’. Unha creación formada por seis series fotográficas que reflicten paisaxes e historias co obxectivo de capturar o tempo e a memoria. María Bleda e José María Rosa son as artistas que están detrás deste proxecto.

Nesta edición do Diario Cultural Ana Romaní tamén falou de teatro e novas estreas. Hoxe no Teatro Principal de Compostela pódese gozar de ‘Réquiem por un monicreque’. Tamén hai nova función de “Anatomía dunha serea” no auditorio Constante Liste de Teo.

Podcast Diario Cultural 10:30

Mañá celébrase a III Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra na que se profundará no mundo dos alcumes e a súa relación cos apelidos actuais. A recomendación literaria chega da man, como cada venres, de Montse Pena Présas. “Ler o mundo’ de Michèle Petit é o libro que todo amante da lectura non pode esquecer.

Podcast Diario Cultural 17:30

I edición do Concurso de Relatos Curtos “Historias de Mulleres”.  Titeres Cachirulo, que interpretan a obra “As xeneralas da Ulla”. Colaboración musical de Tito Lesende.

Podcast Diario Cultural 14:45

Ana Romaní presenta as últimas novidades culturais da xornada. A obra ‘Anatomía dunha serea’ estréase hoxe en Santiago. O auditorio Constante Liste de Teo abrirá as súas portas ata o 26 de outubro para amosar este proxecto de teatro documental autobiográfico.

A historia está baseada na experiencia persoal da actriz protagonista Iria Pinheiro. A maternidade e outras cuestións vitais forman parte da vida cotiá dunha gran parte da poboación. Confesións con doses de poesía amosan experiencias persoais cheas de verdade.

Podcast Diario Cultural 10:30

Na edición do Diario Cultural de hoxe Belén Regueira fala sobre a cultura científica co motivo do décimo aniversario do CSIC en Galicia. As estreas cinematográficas da semana chegan da man de Begoña Vázquez.

Podcast Diario Cultural 17:30

Presentación en Santiago de “Sen piedade” de Pedro Feijoo. Colaboración de Rut Balbís sobre danza.

Podcast Diario Cultural 14:45

Entrevista a Carlos Lema, especialista na obra de Anxo Rey Ballesteros, de quen recentemente a Editorial Galaxia publicou unha obra póstuma.

 

Podcast Diario Cultural 10:30

Comeza o Diario Cultural de hoxe coa música de Susana Seivane. Sons e letras que falan de temas como a maternidade, a mestruación ou a menopausa. Temas que forman parte da vida cotiá de case a metade da poboación, pero que teñen pouco espazo na arte e na cultura.

Estes temas tamén son os protagonistas da obra teatral ‘Anatomía dunha serea’, unha peza que fala de experiencias e vivencias do día a día das mulleres. Este traballo de Iria Piñeiro estréase mañá no auditorio Constante Liste de Teo.

 

 

Podcast Diario Cultural 10:30

Fran Amil preséntanos “Monstros, con ou sen consentimento”, o segundo disco de Chuches Amil,
e Armando Requeixo fálanos hoxe das últimas novelas de Manuel Esteban e Roberto Abuín.

Pin It on Pinterest