Podcast Diario Cultural 17:30
Asistimos ás Regueifas de Ciencia da Universidade de Santiago de Compostela e escoitamos música clásica da man de Luís Miguel Crespo.
Asistimos ás Regueifas de Ciencia da Universidade de Santiago de Compostela e escoitamos música clásica da man de Luís Miguel Crespo.
O escritor galego Manuel Rivas presenta hoxe o seu libro ‘Vivir sen permiso e outras historias de Oeste’ na librería Sisargas de A Coruña. Trátase dunha obra formada por tres novelas curtas nas que o tema de fondo é o narcotráfico, pero o relato vai moito máis alá e afonda na condición humana e no dilema de ser libres.
Manuel Rivas explica nesta edición de Diario Cultural que no seu libro a droga está asociada ao poder e aos seus círculos, pero o poder convértese tamén nunha droga. A historia cóntase a partir da voz duns personaxes cheos de matices. O escritor tamén contou que o nome de Oeste fai referencia á condición fronteiriza do lugar no que os seus habitantes viven ‘á beira’, sempre preto do risco.
Concerto didáctico de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero que terá lugar este mércores na Casa das Campás de Pontevedra. Tamén é tempo de repasar recomendacións literarias con Armando Requeixo.
XVI edición da Semana do Cine Euroárabe, AMAL. Reportaxe dende aCentral Folque.
O programa de Radio Galega Música vén de ser galardoado co Premio Xavier Prado “Lameiro” convocado pola xa centenaria Coral de Ruada.
Ademais estreamos o moi agardado primeiro traballo discográfico do grupo Zoelas e escoitamos as músicas de dous grupos, de fóra de Galicia, que serán os nosos convidados no programa do vindeiro domingo. Desde Andalucía uns vellos coñecidos: os Stolen Notes co seu novo disco “The Ocean Road”. E, por primeira vez en Lume Na Palleira, os salmantinos Folk On Crest que nos presentarán o seu disco de décimo aniversario gravado en directo no Teatro Liceo.
A escritora galega Emma Pedreira gaña o premio Xerais de Novela 2018 coa súa obra ‘Besta do seu sangue’. Unha novela na que o lector pode deixarse levar polas palabras e construír el mesmo a súa historia. Esta obra chega despois de ‘Antídoto’ e ‘Bibliópatas e fobólogos’, pezas tamén moi premiadas da autora.
O libro está formado por capítulos breves que imitan a tradición oral e amosan trazos de poesía. Unha peza centrada na figura de Romasanta para que cada lector teña unha imaxe propia desta personaxe. A autora tivo como referencia o libro de ‘Seique’ de Susana Sánchez Aríns.
Premios Xerais 2018 e as últimas novidades en música tradicional con Emilio Españadero.
Conversa coa artista Javiera Mena e recital de Carlos Lixó.
Su Garrido Pombo gaña o Premio Fran Pérez ‘Narf’ de música da Deputación da Coruña. O ‘Ovniporto’ da aldea ourensá de Montoedo acolle a presentación da nave espacial de Lucio Ballesteros: nave e personaxe protagonistas do filme 10 / 7 do que falamos co seu director Xoel Méndez.
O ‘Ovniporto’ da aldea ourensá de Montoedo acolle a presentación da nave espacial de Lucio Ballesteros: nave e personaxe protagonistas do filme 10 / 7 do que falamos co seu director Xoel Méndez.