Podcast Diario Cultural 10:30
“A morte no Neolítico: Os primeiros enterramentos monumentais en Galicia”, de Patricia Mañana-Borrazás, e “A morte na Galicia Romana”, de Ana Suárez Piñeiro.
“A morte no Neolítico: Os primeiros enterramentos monumentais en Galicia”, de Patricia Mañana-Borrazás, e “A morte na Galicia Romana”, de Ana Suárez Piñeiro.
A cambadesa afincada en Ourese, Paula Chaves, “Pauliña”, saca novo disco que se titula “De – xeneración”. Presentación en Lugo do documental “Benvidas ao club”.
Novembro é sinónimo de cine en Compostela dende hai máis de 30 anos. Cineuropa reafirma un ano máis a súa función social e democratizadora. “É un festival do público, do cine como función social”, explica o director José Luis Losa. Este ano, un dos eixes do festival é a defensa do cine libre e sen mordazas. O ano pasado, máis de 25.000 persoas gozaron de Cineuropa.
Esta edición conta cun ciclo dedicado a mulleres experimentalistas de América Latina e outro ao redor do aniversario do cine romanés. Tamén estarán presentes os últimos traballos de realizadores galegos como ‘Trote’ de Xacio Baño e ‘Hamada’ de Eloy Domínguez Serén.
Viaxamos ata a exposición ‘Sonoro empeño’ para descubrir a creación de pinturas auditivas e músicas visuais na sede de A Fundación da Coruña. Tamén falamos de teatro con Roberto Pascual.
Presentación en Lugo do documental “Benvidas ao club”
Falece o dramaturgo Gustavo Pernas, unha das figuras máis importantes do teatro galego. O seu legado permanecerá por sempre na historia de Galicia. Hoxe recordamos as súas pezas teatrais e homenaxeamos a súa vida e obra. Foi director, actor, guionista e docente, ademais de crear a súa propia produtora xunto a Ánxela G. Abalo.
Todo comezou en Viveiro no 1959. Máis tarde, o teatro chegou a el nos tempos da universidade en Compostela. Na década dos 80 comeza a traballar de forma profesional no mundo do teatro. “Unha persoa comprometida co teatro”, “cada peza de Gustavo era unha descuberta”, así o recordan as persoas do seu entorno.
Gustavo Pernas foi unha figura esencial nos inicios do teatro profesional en Galicia. Foi escritor de teatro, actor, director, guionista e docente, ademais dun gran intelectual das artes escénicas. A súas obras recibiron un gran número de galardóns e forman parte da historia máis prezada do teatro galego. “É unha gran perda para a linguaxe dramática contemporárea de Galicia”, asegura o noso colaborador Roberto Pascual.
Este mércores celébrase no Auditorio de Galicia de Santiago a Gala Ari(T)mar coa participación de grandes artistas e entidades de recoñecemento internacional como Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal-Galiza. O obxectivo é romper a fronteira entre Galicia e Portugal e fomentar a literatura, a música e a cultura compartida.
Homenaxe a Gustavo Pernas, unha figura fundamental no nacemento do teatro en Galicia. Tamén falamos de música e cultura compartida coa celebración da Gala Ari(T)mar no Auditorio de Galicia. Como cada martes, chegan recomendacións literarias da man de Armando Requeixo.
Exposición de cómic “Vida entre viñetas” na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Colaboración sobre arte de Rosario Sarmiento.
Hoxe preséntase na Coruña o volume ‘Obra teatral de Manuel María’, editado pola profesora Mª Pilar García Negro. Unha obra que recolle un total de 33 pezas do escritor, moitas delas inéditas e inaccesibles. Este traballa amosa a papel de Manuel María como dramaturgo máis alá da súa obra poética.
A primeira obra teatral de Manuel María foi escrita en 1957 e a derradeira en 2001, o que amosa unha dedicación completa a este xénero por parte do autor. Unha nova visión de Manuel María, popularmente coñecido pola seu labor como poeta. “Hai unha intención rehabilitadora e construtora da historia de Galicia a través dunha épica popular de personaxes como o taberneiro, a costureira, o labrego, pero tamén a través da historia contemporánea de Galicia”, explica a editora do libro Mª Pilar García Negro.