PodCast

Podcast Diario Cultural 10:30

Comezan os Asaltos, loitas dialécticas sobre un ring de boxeo na Cidade da Cultura. Como cada venres, recomendacións literarias con Montse Pena.

Podcast Diario Cultural 17:30

Antonio Piñeiro fálanos sobre a súa recente obra publicada, “A través do fume”, que foi Premio Torrente Ballester 2017.

Tamén coñecemos mellor o espectáculo de Mofa e Befa “Cranios privilexiados”, que representarase hoxe en Monforte a partir das 20:15 horas.

Finalmente, Tito Lesende preséntanos algunhas das actuacións destes días.

Podcast Diario Cultural 14:45

María Xesús Lama gaña o Premio Nacional de Ensaio por ‘Rosalía de Castro Cantos de Independencia e Liberdade (1837-1863)’

Podcast Diario Cultural 10:30

Conversa co escritor Xabier López sobre a súa obra ‘900’, galardoada co Premio Torrente Ballester. Como cada xoves, chegan as estreas cinematográficas con Begoña Vázquez.

Podcast Diario Cultural 17:30

Inauguración da exposición ‘Alba de Gloria’, que recrea o universo do  último gran discurso de Castelao. Reportaxe sobre o taller ‘Narrar a esencia’, a cargo da dramaturxia e escritora Ana Carreira.

Podcast Diario Cultural 14:45

Castelao e a súa creación dende Bos Aires. ‘Alba de Gloria’ é unha peza única escrita no exilio e reúne no seu discurso a fractura política, as vidas e as historias propias e a esperanza ante un futuro mellor.

Podcast Diario Cultural 10:30

Arranca Cineuropa en Santiago de Compostela. O noso experto en artes escénicas, Roberto Pascual, traénos as novidades do mundo do teatro.

 

Podcast Diario Cultural 17:30

O Festi= da Coruña e a exposición ‘Pezas e trazos’ no Gaiás.

 

Podcast Diario Cultural 14:45

Riqueza e diversidade, pero tamén natureza ameazada. Investigadores e expertos neste eido debaten este martes e mércores no Consello da Cultura Galega a posta en valor do patrimonio cultural dos ríos.

Podcast Diario Cultural 10:30

Arte sen barreiras a través de dúas propostas: a mostra ‘Cogami: Pezas e Trazos’ e o ‘Festi=’, un festival de artes pola inclusión social. Como cada martes, chega Armando Requeixo con dúas recomendacións literarias.

Pin It on Pinterest