Podcast Diario Cultural 10:30
Inauguración da exposición ‘Modelando vidas’ no Museo Provincial de Lugo. Coma cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.
Inauguración da exposición ‘Modelando vidas’ no Museo Provincial de Lugo. Coma cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.
Mulleres Enredadas chega este xoves ao Teatro Colón da Coruña.
Ademais, Luis Miguel Crespo fálanos sobre o 3º Ciclo Lírico Ourense 2018 que se celebrará na cidade das Burgas esta fin de semana.
‘A estrela errante’ é un dos últimos proxectos musicais de Robert Perdut, o protagonista do novo filme de Alberto Gracia. Falamos co dramaturgo neste tempo de ‘Diario Cultural’.
Aniversario da compañía Achádego sobre os escenarios e obras literarias recomendadas por Armando Requeixo.
Cineuropa presenta a estrea do documental “Morir para contar”, dirixido por Hernán Zin.
Rosario Sarmiento fálanos da mostra de fotografía da mexicana Graciela Iturbide na Fundación Barrié da Coruña.
O proxecto ‘Terra e Memoria’ compila nun portal web un traballo de investigación sobre a Historia de América realizado durante décadas. O proxecto realizouse a partir de máis de 2.000 entrevistas como material principal. A temática é moi variada, dende o enfoque migratorio ata o tema bélico.
Redondela publica libros escritos pola veciñanza sobre as súas parroquias, co obxectivo de conservar a tradición e a toponimia. Como cada luns, música tradicional con Emilio Españadero.
Cancións clínicas: unha catarse post-punk.
Chicharrón publica con Prenom o seu terceiro disco, un traballo circular en branco, negro e vermello que se presentou en directo en Carballo. Unha ocasión para falar coa banda pero tamén para coñecer o novo centro social autoxestionado Casino 1889.
E na colaboración de Matías Tarrío, Mathew Sweet, que acaba de sacar disco e vén de xira por aquí cerca. Beck dixo un día que cando era neno pasaba moitas horas escoitando a radio esperando que soasen temas excitantes. A Matías Tarrío pasoulle algo parecido. Foi no ano 97 cando tiña 15 anos e é aí onde comeza esta colaboración: Viva Matthew Sweet!
Visitamos Ciclón: un espazo en Compostela dos artistas David Silva e Misha Bies Golas en que creadoras e creadores de diferentes disciplinas interveñen un cuarto durante un día e crean con 100 fotocopias unha obra que se reproduce nunha publicación coa colaboración da Axencia Gráfica. Colaboración de Manuel Vicente sobre ciencia.
Filmes como máquinas de fomentar empatía. Coñecemos Cinema Crianza, o festival da diversidade do cinema infantil que se celebra no concello de Ames, que organizan Urdime e do que nos falan o director Marcos Nine e a coordinadora Cristina Fiaño.
Na colaboración da Academia Galega do Audiovisual o seu presidente Carlos Ares centra hoxe a atención nunha pioneira, María Luz Morales, e nos premios de investigacións aos que dá nome. Amais, lembranza ao guionista William Goldman, que faleceu aos 87 anos.